¿A
quen vai dirixido?
|
| |
|
Este curso vai dirixido a usuarios de internet
non galegofalantes coñecedores de castelán que estean interesados en adquirir
uns coñecementos básicos de galego. As actividades das que consta o curso
poden empregarse tamén como materiais de apoio e complemento nos cursos
de lingua presenciais e tutelados.
|
| |
¿Como
se utiliza?
|
| |
|
A maneira en que se organiza o curso permite que poida utilizarse tanto
de xeito secuencial como selectivo. O usuario terá a posibilidade de ir
completando as actividades correlativamente desde a primeira ata a décima,
ou ben de seleccionar, coa axuda do plan do curso, as unidades ou as actividades
que lle interesen.
|
| |
|
|
|
¿Cales
son os seus obxectivos?
|
| |
|
Co desenvolvemento das actividades que constitúen
o curso perséguese a adquisición e o perfeccionamento das habilidades
comunicativas básicas, tanto para a comprensión como para a producción
de mensaxes orais e escritas.
As actividades deste curso axudan a mellora-la comprensión do galego falado
e escrito, a aumenta-lo coñecemento da gramática e do vocabulario e tamén
a descubrir algúns aspectos da cultura galega.
|
| |
|
|
|
¿Como
se organizan as actividades do curso?
|
|
|
|
Cada
unha das unidades que conforman o curso conta con catro tipos de actividades:
COMPRENSIÓN
As actividades de comprensión perseguen desenvolve-las capacidades que
permitan que o alumno sexa capaz de interpretar e comprender textos orais
e escritos.
EXPRESIÓN
Coas
actividades de expresión procúrase aumentar e mellora-los recursos expresivos
na comunicación oral e escrita.
GRAMÁTICA
Os exercicios de gramática axudan a que o alumno acrecente os seus coñecementos
sobre a gramática do galego.
VOCABULARIO
As actividades de vocabulario están deseñadas co fin de que o alumno coñeza
o léxico fundamental do galego.
|
| |
|
|
|
¿Ofrécense
materiais de consulta?
|
| |
|
A información lingüística necesaria para o
desenvolvemento das actividades do curso aparece distribuída en dúas seccións
que o alumno poderá consultar en calquera momento:
VOCABULARIO
Un pequeno vocabulario coa correpondencia en castelán das palabras utilizadas
e con información sobre a conxugación dos verbos.
INFORMACIÓN
GRAMATICAL
Un conxunto de notas sobre recursos expresivos e explicacións gramaticais.
|
| |
|
|
|
¿Para
que serven os complementos?
|
| |
|
Na
sección COMPLEMENTOS
agrúpase un conxunto de materiais que lle permiten ó alumno amplia-la
súa formación lingüística e coñecer algúns aspectos da cultura galega.
|
| |
|
|
|
¿Como
se avalían os coñecementos adquiridos?
|
| |
| |
| O
curso conta cun sistema de avaliación e control que lle permite ó alumno
coñece-los seus progresos e o nivel de desenvolvemento en que se encontra
en cada momento. |
| |
|
|
|
¿Como
se resolven as dúbidas?
|
|
|
Co
recurso correo ó
titor os usuarios do curso poden facer consultas sobre as dúbidas
lingüísticas que lle xurdan ó realiza-las actividades. O titor atenderá
tamén as suxestións que sobre o curso lle acheguen os usuarios.
|
| |
Entidades
participantes
|
| |
| Financiado
por: |
|
|
| |
| Deseño,
dirección e elaboración de contidos: |
| |
|
|
| |
| Deseño,
dirección e desenvolvemento tecnolóxico e gráfico: |
| |
 |
| |
| Dirección
e coordinación do proxecto: |
| |
 |
| |
|
|