|
facilita unha aprendizaxe autónoma ó mesmo tempo que serve de axuda
complementaria para o ensino de galego en diferentes programas de formación.
O curso dispón de case un cento de actividades interactivas
repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario.
Ademais, ofrécelle ó alumno materiais de consulta (vocabulario e gramática)
e complementos (textos, ligazóns, etc.) que axudarán a completa-la súa
formación.
A pesar de que este curso está pensado para a autoaprendizaxe
de galego, pode resultar proveitoso utilizalo para integra-los recursos
que ofrecen as novas tecnoloxías nas clases presenciais e tuteladas
de lingua.
Os contidos do curso
preséntanse dun xeito atractivo e sinxelo
para facilita-lo seu emprego a usuarios pouco afeitos ó manexo de aplicacións
informáticas.
|