|
|
| ¿Como
funciona o menú principal do curso? |
|
Unha vez que te rexistras como alumno do curso (para ve-los pasos do proceso de rexistro preme aquí), ábrese unha nova pantalla na que se explica o Plan do Curso. Le este texto con atención para coñece-los contidos do curso e o desenvolvemento que podes seguir. Na parte superior desta primeira pantalla está situado o menú que permite ter acceso ás distintas partes da aplicación: |
| Relación de unidades recollidas no curso; preme nunha delas para empezar a face-los exercicios. |
| Nesta sección agrúpanse os temas de gramática e expresión relacionados cos textos propostos en cada unha das unidades. A esta aplicación pódese acceder desde os exercicios. |
| Aquí poderás ver un diagrama personalizado do teu progreso. Distínguese entre tres clases diferentes de avaliación. |
| Conxunta: na que se ofrecen os datos totais de exercicios realizados e pendentes e tamén unha porcentaxe de acertos e erros. |
![]() |
| Categorías: preséntase o progreso en cada unha das categorías: Comprensión, Expresión, Gramática e Vocabulario. Para comproba-los teus resultados preme nunha delas. |
![]() |
| Unidades: ofrécese o progreso para cada unha das unidades do curso. |
![]() |
| Desde aquí poderás acceder a un formulario para dirixi-las túas dúbidas ó titor do curso. |
![]() |